ASOCIACIÓNS XENTE DE LEMOS

Fundamentos básicos para fundar unha asociación

Conceptos de asociación existen moitos. Desde o momento no que un grupo de persoas deciden reunirse para realizar actividades conxuntas nace unha asociación. Para isto é necesario a:

* Unión de persoas que cooperan cun mesmo fin e este fin é altruísta e benéfico, é dicir, sen ánimo de lucro.

* Agrupación de persoas que perseguen uns fins comúns.

* A asociación supón unha actividade compartida de persoas para servir a un mesmo fin, que non é o dos seus membros senón o da asociación.

* Organizacións dinámicas que emerxen da sociedade civil para vertebrala ao redor da solución de necesidades de ámbito territorial ou sectorial no que xorden.

Así, e ao fío desta definición na Exposición de Motivos da Lei Reguladora do Dereito de Asociación 1/2.002, recóllese o seguinte: “as asociacións permiten aos individuos recoñecerse nas súas conviccións, perseguir activamente os seus ideais, cumprir tarefas útiles, atopar o seu posto na sociedade, facerse ouvir, exercer algunha influencia e provocar cambios”.

Ao organizarse, os cidadáns dótanse de medios máis eficaces para facer chegar a súa opinión sobre os diferentes problemas da sociedade aos quen toman as decisións políticas. O seu principal obxectivo é fortalecer as estruturas democráticas e contribuir á preservación da diversidade socio-cultural.

Máis información en http://asociaciones.org/

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57