O Noso Clube naceu nun pobo chamado A Pobra do Brollón que, inda que pequeno, sempre se mantivo unido para levar a cabo actividades desenroladas ao carón do motor.
Levabamos varios anos nos que de xeito totalmente improvisado xuntábamonos para ir a bordo dun Autobús, a un Slalom de vehiculos de rali que se celebra en Ferrol, organizado por unhos amigos.
O Mundo do Off Road tamen tivo dende sempre un gran tirón entre nós, xa que, a maiores de sair xuntos moitos domingos a disfrutar da nosa afección, levamos unhos anos organizando o que se acabou chamando a Añada Racing.
Esta Añada consistía en facer unha xuntanza de Endureiros, Trialeiros e Quadtreiros chegados de diversos lugares na que despois de facer unha fermosa Ruta por os montes da Zona dabamos boa conta de varios Años preparados de forma insuperable ao estilo Argentino, polo noso gran amigo Fernando.
Tamen se celebra dende hai varios anos unha xuntanza de Trialeiros, organizada polo amigo Chinco, que nos acerca ao mundo dos malabaristas do trial.
Froito de todo isto, xurdiu o noso proxecto chamado GUIMARO MOTOR CLUB, no que con toda a ilusión e gañas, tentaremos que esta nosa afección sexa un Motor de impulso para dar a coñecer toda a riqueza e beleza natural do noso entorno é, contribuír co desenrolo da nosa zona.
Hoxe en día xa somos 154 socios.
