ASOCIACIÓNS XENTE DE LEMOS

guimaro motor

menu microsite Contactar Que Facemos Quen Somos

O 2008 é o primeiro ano da nosa andada como Clube.

Rompemos o xeo coa presentación en “sociedade” do clube na casa da Cultura da Pobra do Brollón.

O 19 se outubro, celebrouse no noso Concello unha xornada de Trial na que participaron pilotos amateurs de toda Galiza. Foi esta unha actividade non organizada polo Clube pero colaborouse axudando nas labouras de control e montaxe da proba así como dando unha aportación económica  para a compra de petos reflectantes para o persoal de control.Deste xeito quedou demostrado o carácter participativo do clube en tódalas actuacións sociais nas que a nosa axuda poda ser de utilidade.Os días 8 e 9 de novembro desenrolamos a 1ª ruta Guímaro-Astur. Foi case como a proba de fogo do Clube, tanto  pola envergadura da actividade como polo numero de participantes.Neste evento participaron 95 membros a bordo de 53 vehículos (todo terreos, motos, e quads) que percorreron os 270 km que separan o Concello da Pobra do Brollón do asturiano Concello de Pola de Somiedo, atravesando paraxes do Courel e dos Ancares.

CURSIÑO DE CONDUCCIÓN SEGURA (8 DE FEBREIRO DO 2009)

 

Este cursiño celebrouse no circuito pontevedrés de A Madalena en Soutelo de Montes (Forcarei). A empresa coruñesa Rallycar puxo ó noso  dispor os medios necesarios para a realización do cursiño e tamén puxo ó noso servizo, como monitores, a dous grandes pilotos de ralis: Alberto Hevia-asturiano-campión de España de ralis no ano 2004 co equipo oficial Renault e Pedro Burgo-galego-camión de ralis no ano 2008.

 

1ª RUTA 4 x  CATRO CABALEIROS (22 DE MARZO DO 2009)

Foi esta unha ruta a través dos montes do noso Concello para chegar á Pena dos Catro Cabaleiros. (Para os que non o coñezan é esta unha pena donde conflúen os catro Concellos veciños de a Pobra do Brollón, Quiroga, Samos e O Courel).

TRACTORADE

Será esta unha actividad  para probala habilidade e destreza dos pilotos enriba dun tractor.

Contará con tres probas:

Marchatrás  (o tractor circulará marcha atrás cun remolque enganchado)

Tractorcesto (será como un partido de baloncesto donde o xugador será o tractor cunha pala)

Extremación (competición de forza tirando un tractor contra outro)

Os detalles e a data desta competición aínda están por determinar.

Data, detalles e bases serán publicados no seu momento nesta páxina.

 

XORNADAS GUÍMARAS

O nome de “Guímaro” foi dado polo Conde de Lemos ós veciños da Pobra do Brollón no momento en que estes lle plantaron cara e se negaron a pagarlle uns tributos que non lle correspondían.

Na honra da valentía destes nosos antepasados queremos honralos facendo unhas xonadas  de respeto ao noso entorno. Así estas xornadas guímaras están adicadas ao coidado e disfrute do noso entorno natural

1ª xornada:

Formaremos varios equipos de voluntarios para levar a cabo a limpeza de algúns vertedoiros incontrolados de lixo que aparecen polo medio dos nosos montes.

2ª xornada:

Esta xornada estará adicada ó disfrute dos nosos montes facendo unha excursión a través deles e rematando cun xantar de confraternidade.

As datas destas actividades saírán publicadas na nosa páxina web con tempo suficiente para que todos poidamos participar.

Neste apartado aproveitamos  para expoñer que é o noso desexo en todalas actividades manter os camiños e zonas de paso como as atopamos antes de pasar, reparando os mesmos se fose necesario, cos nosos propios medios.

 

 

VIAXE Ó SLALOM FIMO DE FERROL

 

Data sen determinar.

 

VIAXE Á CARREIRA DE CAMIÓNS DE LOUSADA (PORTUGAL)

Data sin determinar.

 

ACTIVIDADES DE CARÁCTER SOCIAL

Queremos compartir as nosas aficcións coas persoas que forman parte da asociación de discapacitados de PRODEME (Monforte de Lemos). Buscaremos unha data para  facer unha xuntanza con eles e compartir ese día  facendo actividades nas que poidan participar. Data sen determinar.

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57