CENTRO COMARCAL TERRA DE LEMOS

N-120 km519. 27400 Monforte de Lemos, Lugo
Tfno: 982416046 Fax: 982 410657
cctlemos@comarcasdegalicia.com

O Centro Comarcal Terra de Lemos, dependente da S.A. para o desenvolvemento comarcal de Galicia, é un centro de promoción dos recursos da comarca, dende o que se levan a cabo diversas actividades de formación e asesoramento dirixidas ós diferentes colectivos da terra de Lemos atendendo ás súas necesidades.

O centro funciona coma:

  • Exposición permanente dos recursos da comarca mediante paneis explicativos e elementos característicos da mesma (artesanía, eonomía, arquitectura, viño...)

  • Sala de exposicións temporais: Cesión gratuita dunha sala para realizar exposicións de todo tipo (pintura, artesanía, fotografía...)

  • Sala de xuntas e salón de actos: Cesión gratuíta de salas de usos múltiples a calquera colectivo para organizar xuntanzas, cursos ou conferencias.

  • Servizo de dinamización tecnolóxica.

  • Punto de información turística: Información turística da Comarca Terra de Lemos; enclaves de interese, aloxamentos, restauración, museos, rutas... Acollida e visita guiada de grupos para coñecer as instalacións do Centro.

 

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57