A MEMORIA DE LEMOS

Xoaquín Arias Sanjurjo

Persoeiros relevantes e descoñecidos da comarca de Lemos

00:46 22/01/2010 por Amia

Naceu en Santiago de Compostela en 1860 no seo dunha familia nobre. Foi marqués da Casa Pardiñas. Estudou Dereito na Universidade compostelana e unha vez licenciado trasladouse a Monforte, onde exerceu gratuitamente a súa profesión, acadando unha notable influencia na vida social e cultural da comarca. En 1909 presentouse, e conseguiu acta, ás eleccións da Deputación Provincial. Creador do Centro Rexional Agrario de Monforte publicou obras sobre temática moi diversa e “fustigou” á sociedade do seu tempo a través dun duro manifesto en contra da venda e posterior traslado do valioso cadro -La adoración de los Magos- que se atopaba no Colexio dos Pais Escolapios, e que a día de hoxe está exposto nun museo alemán. Morreu na cidade compostelá en 1946, aos 86 anos de idade.
Recomendar esta nova a un amigo

0 Puntos (0 votos). Valore esta Nova:

Comentarios (0)

Introducir novo comentario

:

Introduza os caracteres da imaxe. Esto faise para asegurarse de que é un ser humano e non un programa (de span, por exemplo).

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57