O TEU ESPAZO

Beneficios de ser usuarios

Unha rede social é unha nova forma de comunicación baseada na proximidade e na que un grupo de usuarios comparte traballo, deporte, lecer, educación, cultura ou calquera outra afección, e interactuan conxuntamente a través de Internet.

Esta rede social actuará baixo varias premisas, sempre relacionadas con todo o que se xenere na comarca de Lemos:

- Comunicación: Os usuarios poderán poñer en coñecemento do grupo información que atopan de interese común; música, fotos, noticias e mesmo información persoal de diferente índole.

- Comunidade: Axuda a atopar grupos de usuarios con características ou intereses comúns ou complementarios. Axuda a crear comunidades.

- Colaboración: As comunicacións a travées das redes adoitan ser de ida e volta, un usuario expón unha meta e o resto de integrantes, cada un na medida das súas posibilidades, achega o seu grao de area. Este exemplo de colaboración vese cada día nos foros.

Por iso, esta rede social conformase como unha importante ferramentea de discriminación de información dentro do universo infinito de Internet e selecciona aqueles contidos interesantes para as xentes das terras de Lemos.

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57