O TEU ESPAZO

Condicións de Uso

 

CONDICIÓNS XERAIS

As seguintes condicións xerais regulan a prestación do servizo por parte do portal www.xentedelemos.org e a utilización deste por parte dos seus usuarios.

O portal www.xentedelemos.org , resérvase o dereito de modificar, sen previo aviso, en calquera momento, a presentación, configuración e contido do portal así como tamén, as condicións requiridas para utilizar o servizo.

 

O SERVIZO

A través do portal www. xentedelemos.org, os usuarios poden crear blogs, microsites e enviar noticias que son postas a disposición de calquera lector, así como acceder e responder ás mensaxes.

O usuario poderá crear noticias, blogs e microsites só cando estea rexistrado como usuario do portal. O usuario non rexistrado só poderá deixar comentarios ou participar na enquisa.

 

CONDICIÓNS DE USO DO SERVIZO

O acceso é de balde. A prestación deste servizo esixe a previa subscrición ou rexistro do usuario.

 

Nome do Usuario

No caso de que o usuario deba identificarse para a utilización do servizo a través dun nome ("Nome de Usuario"), non poderá elixir como “Nome de Usuario”, palabras, expresións ou conxuntos gráfico-denominativos malsoantes, inxuriosos, coincidentes con marcas, nomes comerciais, expresións publicitarias, expresións sexuais, nomes e pseudónimos de personaxes de relevancia pública ou famosos para cuxa utilización non estea autorizado e, en xeral, contrarios á lei. www.xentedelemos.org, resérvase o dereito a cancelar ou suspender aqueles “Nomes de Usuario” que resulten ser contrarios ao disposto anteriormente.

 

Obriga de facer un uso correcto do Servizo

O usuario comprométese a utilizar o servizo de conformidade coa lei e as condicións xerais aquí estipuladas.

O usuario deberá absterse de utilizar o servizo con fins ou efectos ilícitos, contrarios ao establecido nas condicións xerais, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros ou que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o servizo ou impedir a normal utilización ou goce do servizo por parte dos usuarios. En particular, o usuario comprométese a non captar datos con finalidade publicitaria, a non enviar publicidade on-line e a non transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros a través do servizo informacións, mensaxes, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, software e en xeral calquera clase de material, datos ou contidos que:

  1. de calquera forma contraveñan, menosprecen ou atenten contra os dereitos fundamentais e liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais e no resto do ordenamento xurídico;
  2. induzan, inciten ou promovan actuacións delituosas, denigrantes, difamatorias, infamantes, violentas, pornográficas ou, en xeral, contrarias á lei;
  3. induzan, inciten ou promovan actuacións, actitudes ou ideas discriminatorias por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
  4. incorporen mensaxes delituosas, violentas, pornográficas, degradantes ou, en xeral, contrarias á lei;
  5. induzan ou poidan inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;
  6. induzan ou inciten a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
  7. sexan falsos, ambiguos, inexactos, esaxerados ou extemporáneos, de forma que poidan inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante;
  8. se atopen protexidos por dereitos de propiedade intelectual ou industrial pertencentes a terceiros, sen que o usuario obteña previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar;
  9. violen os segredos empresariais de terceiros;
  10. sexan contrarios ao dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
  11. infrinxan a normativa sobre segredo das comunicacións;
  12. constitúan, no seu caso, publicidade ilícita, enganosa ou desleal e, en xeral, que constitúan competencia desleal;
  13. provoquen polas súas características (tales como formato ou extensión) dificultades no normal funcionamento do servizo;

 

Responsabilidade por danos e prexuízos

O usuario responderá dos danos e prexuízos de toda natureza que o portal www.xentedelemos.org poida sufrir como consecuencia do incumprimento de calquera das obrigacións ás que queda sometido por virtude destas condicións xerais ou da lei en relación coa utilización do servizo. Os administradores do portal resérvanse a facultade de modificar as presentes condicións xerais.

 

DATOS DE CARÁCTER PERSOAL

Para utilizar o servizo de “Foros Persoais”, os usuarios deben proporcionar previamente ao portal www.xentedelemos.org, certos datos de carácter persoal a través do formulario de rexistro ("Datos Persoais").


Se o usuario envía o correspondente formulario de rexistro, acepta e autoriza que os seus “Datos Persoais” sexan obxecto de tratamento automatizado por parte do portal www.xentedelemos.org, nos termos indicados na Política de Protección de Datos Persoais. .

Os usuarios garanten a veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos “Datos Persoais” facilitados, e comprométense a mantelos debidamente actualizados.

 

UTILIZACIÓN DO SERVIZO BAIXO A EXCLUSIVA RESPONSABILIDADE DO USUARIO

O usuario é consciente e acepta voluntariamente que o uso do servizo ten lugar, en todo caso, baixo a súa única e exclusiva responsabilidade.

 

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE

O portal www.xentedelemos.org, exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do servizo, ao fraude na utilización que os usuarios poidan atribuír ao servizo e aos fallos do servizo e, en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas web do servizo, aos fallos na difusión, posta a disposición ou acceso a información, datos ou contidos, así como polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á suplantación da personalidade dun terceiro efectuada por un usuario en calquera clase de comunicación realizada a través do servizo.

 

Privacidade e seguridade na utilización do Servizo

O portal www.xentedelemos.org, resérvase o dereito a modificar as condicións, características e circunstancias do uso que os usuarios fan do servizo ou ao que poidan acceder e, no seu caso, interceptar, eliminar, alterar, modificar as mensaxes e comunicacións dos usuarios que incumpran as condicións aquí estipuladas.

Exclusión de garantías e de responsabilidade pola utilización do servizo polos usuarios

O portal www.xentedelemos.org, controlará a utilización que os usuarios fan do servizo. En particular, os administradores garantirán que os usuarios utilicen o servizo de conformidade con estas condicións xerais e que o fagan de forma dilixente e prudente.

 

DURACIÓN E TERMINACIÓN

A prestación do servizo ten, en principio, unha duración indefinida. Sen embargo, o portal www.xentedelemos.org, está autorizado para dar por terminada ou suspender a prestación do servizo. Cando iso sexa razoablemente posible, os administradores advertirán, previamente, a terminación ou suspensión da prestación do servizo.

LEI APLICABLE

www.xentedelemos.org é un servizo aberto á comunidade galega impulsado pola Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. En cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 34/2002, do 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e do comercio electrónico (LSSI), fanse constar os seguintes datos

 

Condicións de Uso Se tes algunha dúbida, contacta conosco a través do correo electrónico ou chámanos ó teléfono 982 41 06 57